XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina: calendario

A Copa Galicia Sénior Masculina 2018 – 2019 cobra vida. A cita tradicional que a Federación de Baloncesto organiza cada pretemporada celebra este ano a súa XXXIII edición con cinco protagonistas: Monbus Obradoiro, Cafés Candelas Breogán, Leyma Basquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego.

A competición, que este ano se estenderá ata o mes de outubro, coñece hoxe o seu calendario, repartindo o mesmo en tres fases diferenciadas: previa, semifinais e final.

A primeira quenda disputarana en Marín, baixo a organización de Marín Peixegalego; os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.

Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro.

Unha vez completadas estas dúas fases, a XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina terá que agardar para dilucidar ao seu campión. A espera estenderase ata o 31 de outubro, data na que se celebrará a Final.

XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina – Calendario

Fase Previa (Sede: Marín)

1ª Xornada – 07/09/18 

( 20.00 h) Leyma Basquet Coruña – Rio Ourense Termal

2ª Xornada – 08/09/18

Marín Ence Peixegalego – Rio Ourense Termal –

3ª Xornada – 09/09/18 

Marín Ence Peixegalego – Leyma Basquet Coruña

Semifinais

16/09/18

2º Clasificado – Monbus Obradoiro (X)

1º Clasificado – Cafés Candelas Breogán (Y)

Final

31/10/18

Gañador X – Gañador Y

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram