XXVIII Copa Galicia Sénior Masculina: Calendario Completo

A XXVIII edición da Copa Galicia Sénior Masculina coñece xa o seu calendario íntegro, con data, hora e sede confirmadas para os encontros que se disputarán de xeito previo á fase final, a celebrar esta última na fin de semana do 21 e 22 de setembro no Pavillón Mulltiusos Fontes do Sar, en Santiago.

Para chegar á cita definitiva, catro equipos decididos por sorteo terán que superar o trámite de acceso ás semifinais. Estes son Marín Peixe Galego, C.B. Breogán Lugo, Conservas de Cambados e Club Ourense Baloncesto SAD, e a súa sorte decidirase baixo o seguinte calendario.

PREVIAS

Xornada 1 – 14/09/13

Marín Peixe Galego – C.B. Breogán Lugo
(19.30 h) (Pavillón de A Raña)
(Árbitros: Carlos Cortés, Luis Rivadulla)

Xornada 2 – 17/09/13

Conservas de Cambados – Club Ourense Baloncesto S.A.D.
(21.00 h) (Pavillón O Pombal)
(Árbitros: Miguel Ángel Pérez, Adrián Iglesias)

No caso da Fase final, os emparellamentos xa anunciados presentarán o seguinte horario:

FASE FINAL

Semifinais – 21/09/13

Rio Natura Monbus – Vencedor Xornada 2
(18.00 h) (Multiusos Fontes do Sar)
(Árbitros: Carlos Cortés, Jacobo Rial, Diego Domínguez)

Leyma Basquet Coruña – Vencedor Xornada 1
(20.00 h) (Multiusos Fontes do Sar)
(Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Cristian Martín, David Posada)

Final – 22/09/13
(12.30 h) (Multiusos Fontes do Sar)
(Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Carlos Cortés, Jacobo Rial)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram