Consulta, a continuación, os primeiros resultados para GALICIA na xornada de estrea do XXVII Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket (San Fernando, Cádiz. Do 12 ao 16 de abril).
XXVII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS #Mini2014
SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET FEMININA. Grupo Especial “A”
(Galicia, Aragón, Navarra, Cataluña e Canarias)
12/04/2014 – 1º Xornada
(11:30 h) GALICIA – Aragón (61 – 50)
Aragón foi a primeira e importante proba para Galicia #Mini2014 feminina neste Campionato de España. Como en todo debut, os inevitables nervios fixeron acto de presenza durante os instantes iniciais, predicindo un encontro igualado e cheo de ansias de vitoria en ambos os bandos. Os primeiros sextos resultaron pois disputados e baixo unha dinámica de igualdade que non permitía coller vantaxe no marcador a ningún dos dous equipos. Tería que chegar o tempo de descanso para definir o rumbo desta cita.
Na renovación do xogo, Aragón aproveitaba as imprecisións galegas para poñerse 30-37 e buscar unha diferenza que lles valese de reforzo. Pero, as de Nacho Silva souberon manter a calma e, grazas a un bo traballo defensivo, remar a favor e sumar os necesarios puntos no electrónico.
Por fin, cunha importante tripla, as galegas puxéronse por diante e apelaron a un alto nivel de concentración e esforzo para aguantar esta situación positiva ata o asubío final. Así, asinaron o remate do encontro entre óptimas sensacións, a vitoria no peto, e numerosas ganas de afrontar o seu segundo partido deste sábado. O rival neste caso; Canarias; a partir das 19:30 h,
(11:30 h) Navarra – Cataluña (9 – 59)
12/04/2014 – 2º Xornada
(19:30 h) Canarias – GALICIA (45 – 49)
Neste segundo envite da xornada, as isleñas saíron con moitas gañas, pero as galegas igualáronas desde o inicio ditando un encontro que non sería sinxelo para ningunha escuadra.
O gran traballo defensivo de ambos os equipos, que pelexaban cada balón coma se fose o último, provocaba que o marcador se movese aos poucos e que ningún banquiño acadase a vantaxe desexada. A tensión e a igualdade presidiron a maior parte de minutos dun partido que era clave para as aspiracións galegas.
O punto de inflexión chegou non derradeiro período cando un sufrido 5-0 de saída outorgaba a Galicia a pequena renda necesaria para culminar o esforzou cunha prezada vitoria.
O gran rendemento de ambos os dous conxuntos acababa con recompensa para o conxunto galego, que grazas á súa concentración nos últimos minutos conseguía amarrar un traballado trunfo para os seus intereses.
Galicia pechaba así a súa primeira xornada do Campionato con dúas vitorias cruciais para ou seu futuro neste Campionato
(19:30 h) Aragón – Navarra (65 – 51)
SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET MASCULINA. Grupo Preferente “C”
(Galicia, Ceuta, Aragón, Melilla e Región de Murcia)
12/04/2014 – 1º Xornada – GALICIA DESCANSA
(15:30 h) Ceuta- Aragón (5 – 56)
(15:30 h) Melilla – Región de Murcia (62 – 98)
Selección Galega Minibasket Feminina
Selección Galega Minibasket Masculina
XXVII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket: calendario