Consulta aquí os resultados das nosas Seleccións no XXVII Campionato de España de Seleccións #Mini2014 neste domingo, 13 de abril; xornada na que debutaron os nosos xogadores, saltando a pista en dúas ocasións, ante Melilla e Ceuta, e con óptimo resultado en ambos os casos.
O combinado feminino, pola súa banda, gozou de descanso tras as dúas importantes vitorias colleitadas na estrea.
SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET MASCULINA. Grupo Preferente “C”
(Galicia, Ceuta, Aragón, Melilla e Región de Murcia)
13/04/2014 –2º Xornada
(09:30 h) Galicia – Melilla (68 – 17)
(18-8, 24-7, 18-0, 8-2)
Positivo debut dos nosos minis neste Campionato de España que, de momento, está a traernos gratas sensacións. O reto ante Melilla pasaba,en primeiro lugar, por saber dominar os lóxicos nervos que un cita destas características conleva. O equipo de Fernando Buendía non escapou a esta inquedanza pero, unha vez superada esta, a boa actividade defensiva axudaba a Galicia a acadar os seus primeiros parciais a favor.
A fenda abriuse xa no segundo sexto. O combinado galego gozou da necesaria confianza no seu xogo e liberado do agobio inicial, rexistrou un segundo parcial que levou o.marcador a unha ampla diferenza que se estendería ata a contundencia que amosou o resultado final.
A partir deste intre, o rumbo do encontro guiaba aos galegos a un trunfo que asinaron xa no cuarto período, pechando acta e sumando ánimos para o seu enfrontamento desta tarde ante Ceuta (17.30 h)
(09:30 h) Región de Murcia – Ceuta (58 – 8)
13/04/2014 – 3º Xornada
(17:30 h) Ceuta – Galicia (53 – 3)
Segundo partido para os nosos minis e de novo a vitoria resultando favorable aos seus intereses. A gran diferenza física e técnica existente entre ambos os equipos quedou patente dende os primeiros compases do partido. Non houbo posibilidade á resposta ceutí, reflectíndose no marcador a superioridade galega. O peche de acta mediado o segundo sexto daba conta do novo trunfo para as filas galegas.
(17:30 h) Aragón – Región de Murcia (82 – 66)
SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET FEMININA. Grupo Especial “A”
(Galicia, Aragón, Navarra, Cataluña e Canarias)
13/04/2014 – 3º Xornada – GALICIA DESCANSA
(15:30 h) Cataluña- Aragón (72 – 21)
(15:30 h) Navarra – Canarias (62 – 77)