XXV CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONOMICAS – MINIBASKET 1º Xornada: Resultados Galegos


Selección Gallega Minibasket Masculina – Categoría Preferente Grupo D

1º Xornada
La Rioja – Galicia (31/03/12 – 13:30 horas – Pavillón Bahía Sur) (48 – 91)

Primeira proba oficial para os de Paula Couto neste Campionato ante un rival correoso de principio a fin.Os nervios e a excitación dos nosos, propios de debuts como este, deixáronse ver durante os 48 minutos de partido, pero sobre todo nos primeiros compases.

Un 6-0 de saída dos rioxanos, moi activos e duros en defensa provocando numerosas perdas, impedía aos galegos estrear o seu marcador e entrar no partido. Foi nos minutos finais do primeiro sexto cando por fin conseguiron dominar o seu xogo, a pesar de que o acerto seguía sen chegar.

A partir dos segundos oito minutos o control e as boas accións foron caendo da man de Galicia. Un bo traballo defensivo, un ritmo moi intenso e alto e unha óptima lectura, sobre todo na saída de presión, facían que os nosos establecesen unha ampla distancia no marcador, chegando cun 19-45 ao descanso.

Tras a renovación o partido seguiu na mesma liña, claramente a favor galego. Con todo, un batalloso equipo rioxano non lle perdeu en ningún momento a cara ao envite, convertendo cada erro ou descoido rival en boas accións e puntos para o seu peto.Ao final, peche positivo para a nosa Selección: primeira vitoria en San Fernando (48 -91) e nervios fóra xa de cara á seguinte cita.

Selección Galega Minibasket Feminina – Categoría Especial Grupo A

1º Xornada
Galicia – Cataluña (31/03/12 – 15:30 horas – Pavillón Parque 2) (11 – 61)

0965487001333187482-

As nosas estreáronse no campionato cun partido complicado ante unha das tradicionais favoritas: Cataluña.

O debut non resultou nada fácil. As xogadoras de Julia Pena víronse superadas desde o primeiro minuto polo equipo catalán. O combinado galego pagou caro o seu inferior ritmo de xogo e os seus numerosos nervios. Cataluña non fixo concesións en ningún momento e agarrouse ao triunfo desde o inicio.

A evidente superioridade catalá en todas as facetas do xogo non permitiu dar máis de si, pechando o marcador ao comezo do cuarto sexto cun contundente 11 – 61.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram