XXV CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS – MINIBASKET 2º Xornada: Resultados Galegos


Selección Galega Minibasket Masculina – Categoría Preferente Grupo D

2º Xornada

Galicia – Extremadura (01/04/12 – 13:30 horas – Pabellón Parque 1) (89 – 57)

Case dúas horas de partido nesta segunda xornada, onde os galegos traballaron duro para seguir invictos e poder seguir optando a unha das prazas de ascenso ao Grupo Especial.

Partido moi trabado de principio a fin, con continuos contactos e faltas que impedían xogar con fluidez. Aínda así, os galegos conseguiron sacar vantaxe xa desde o primeiro sexto, grazas a buscar boas accións en xogo estático.

A superioridade física dos nosos dáballes vantaxes de 1 contra 1, a pesar da presión ahogante dos extremeños, que loitaron cada balón ata o límite. As boas lecturas ofensivas e grandes traballos de defensa en momentos puntuais facían que os do norte fosen ampliando as súas vantaxes, chegando ao descanso cun esperanzador 43-27 no marcador.

Tras os 5 minutos de respiro, un espléndido cuarto sexto para Galicia (30-8 de parcial) terminaba con minis de Extremadura poñendo a maior diferenza no tenteo.

Aínda así o partido non terminara. Os extremeños loitaron ata o final para reducir distancias, situación que conseguiron gañando os dous sextos definitivos cun parcial total de 16 -22.

Dura e traballada vitoria galega pois. Con ela o equipo de Paula Couto plántase invicta no crucial partido deste luns ante País Vasco, equipo tamén con cero derrotas no seu casilleiro. Ambos buscan nesta cita unha praza de ascenso ao Grupo Espacial.

Selección Galega Minibasket Feminina – Categoría Especial Grupo A

2º Xornada

C. Valenciana – Galicia (01/04/12 – 09:30 horas . Colexio Compañía de María) (54 – 46)

Galicia saía a pista disposta a facer fronte a unha Valencia que viu como a auga do Cantábrico chegáballe ao pescozo.
No primeiro tempo as de Julia Pena amosáronse concentradas e con gran intensidade (6-11). O combinado valenciano mantíñase por riba (6 – 11) pero as nosas non permitían que se escapase no marcador. Con bo tino, axustaban distancias e conseguían rematar o segundo tempo cun tenteo de 20-17.

O terceiro período supuxo maiores complicacións na carreira galega cara á vitoria, problemas que se liquidaron cunha acertada presión. Así, a tan só un punto por debaixo (26-25) encarábase satisfactoriamente o camiño ao descanso.

Tras a continuación, Valencia puxo a quinta marcha e ás nosas faltoulles gasolina para manter o ritmo de partido. Os nervios, as malas decisións e un xogo apresurado fixéronlles perder o rumbo, momento no que Valencia aproveitou para despegarse no marcador. O quinto sexto terminaba pois con 51-34 ao seu favor.

No último período, xa case sen opcións de triunfo, Galicia brillou máis que nunca e demostrou a súa capacidade para competir a gran nivel. Impóñéndose cun parcial de 3-13 marchaba ao vestiario sen vitoria pero cun grato sabor de boca
(54-46).

Galicia – Aragón (01/04/12 – 17:30 hora. Pabellón Parque 1) (43 – 48)

Galicia dobrou xornada cun enfrontamento no que loitou de ti a ti, ata a bucina final, despregando todo o seu potencial durante os 48 minutos de xogo.

As nosas minis mantivéronse constantemente preto do rival no electrónico, pero, con todo, o aro fíxoselles pequeno. Os numerosos fallos e infraccións cometidas ao longo do partido pasaron factura nos intres decisivos.

O encontro pechouse cunha axustadísima derrota (43-48) que supuxo un pequeno golpe moral do que hai que saber sobrepoñerse. Non en balde este luns agarda Baleares na que será a última oportunidade galega para manter a súa praza no grupo especial.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram