XXIX Fase Final da Copa Galicia Sénior Masculina: Horarios oficiais

A Federación Galega de Baloncesto e C.B. Breogán, como organizador directo e anfitrión da XXIX Fase Final da Copa Galicia Sénior Masculina en colaboración coa Deputación de Lugo, dan a coñecer os horarios e a orde dos enfrontamentos que determinan esta nova cita coa Copa, por excelencia, do Basket da nosa Comunidade.

A competición emblema da FGB está programada para celebrarse en Lugo (Pazo dos Deportes) os vindeiros días 13 e 14 de setembro, conformando unha atractiva fin de semana de baloncesto dentro e fóra da pista.

Na mesma, comparecerán os clubs galegos de máxima categoría, contando nesta ocasión coa presenza de Obradoiro CAB (ACB), Básquet Coruña (Adecco Oro) e C.B. Breogán (Adecco Oro), como clasificados de xeito directo para esta rolda; e de Xuventude Baloncesto (Adecco Prata) ou COB (Adecco Ouro), clubs que deben loitar pola última praza nun encontro previo (10 de setembro, ás 20:30 h. Pavillón do Pombal).

Horarios
Con estes candidatos ao título dispostos a empezar a temporada con trunfo autonómico, a XXIX edición da Fase Final presenta o seguinte calendario:

13/09/14 -Semifinais

(18:00 h) Ribeira Sacra Breogán – Leyma Básquet Coruña

(20:15 h) Rio Natura Monbus Obradoiro – Vencedor Eliminatoria Previa

14/09/14 – Final (12:15 h)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram