XXIV Clínic Baloncesto “Deputación de Ourense” abre inscrición

A XXIV edición do Clínic Baloncesto “Deputación de Ourense” activa a súa INSCRICIÓN.

O Pazo dos Deportes “Paco Paz” albergará, os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño, esta nova edición dun evento de absoluta referencia, organizado pola Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto, a través da Escola Galega de Adestradores (EGA).

Será unha das citas máis importantes das últimas décadas para os adestradores e adestradoras de todo o país, que, a partir de hoxe; teñen xa á posibilidade de inscribirse e poden facelo con DÚAS opcións de PREZO e formas de PAGO.

O Clínic xa conta cunha estrutura e programación públicas, e a partires deste moves, 23 de maio; iremos conhecendo os primeiros poñentes. Toda a información sobre este evento pódese seguir nas redes sociais do mesmo e na súa propia páxina web www.clinicbaloncestodeputacionourense.com  

COTAS DE INSCRICIÓN

Persoas NON Federadas ou Federadas con LICENZA en Galicia:

COTA INDIVIDUAL: 50 euros por persoa. Este pago debe realizarse por esta vía: TPV VIRTUAL FEGABA. 

Persoas Federadas:

COTA PARA CLUBS QUE INSCRIBAN a TRES OU MAIS ADESTRADORES: 30 euros por persoaEste pago debe realizarse por esta vía TRANSFERENCIA BANCARIA a través do Club e indicando (vía mail a adestradores@fegaba.com) os datos persoais de cada un dos inscritos (nome, apelidos, data de nacemento, e mail persoal)

OFERTA HOTELEIRA

A organización do clínic pon a disposición dos inscritos unha OFERTA HOTELEIRA especial, así como un teléfono de contacto de referencia para consultas sobre este tema: VIAXES COMPOSTELA – 988213043

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram