XXI Copa Galicia Sénior Feminina: Ensino e Universitario Ferrol, finalistas

Durán Maquinaria Ensino e Universitario Ferrol están citados mañá sábado 19 (20:00 h), no Pavillón de Esteiro (Ferrol), para a disputa da final da XXI Copa Galicia Sénior Feminina. Ambos equipos chegan a este encontro decisivo por pleno dereito, tras vencer esta tarde de venres as súas respectivas semifinais ante e Real Club Celta Selmark e C.B. Arxil.

 

Consulta aquí os resultados e estatísticas das citadas semifinais:

18/10/23 – Semifinais. Pavillón de Esteiro (Ferrol)

(18.30 h) Real Club Celta Selmark – Durán Maquinaria Ensino
(17-16, 22-14, 13-21, 10-21) (62-72)

(20.30 h) Universitario Ferrol – C.B. Arxil
(27-13, 22-12, 21-17, 20-7) (90-49)

A Final da COPA GALICIA EBA, ás 18.00 h

A xornada do sábado traerá tamén consigo a celebración da Final da Copa Galicia EBA, encontro programado para ás 18.00 h, tamén no propio Pavillón de Esteiro, e que será, por tanto, o primeiro prato forte dunha tarde repleta de baloncesto.

Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo buscarán neste caso facerse co título de Campións de Copa Galicia EBA, unha proba de alto nivel que chega antes do inicio da temporada oficial FEB nesta categoría. Permaneceremos ben atentos para coñecer o nome do novo líder desta competición.

Estatística: Celta Selmark – Durán Maquinaria (62 – 72)
Estatística: Universitario Ferrol – C.B. Arxil (90 – 49)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram