XVI TORNEO URBÁN 3×3 EN PONTEVEDRA

O XVI Torneo Urbán 3×3 chega o vindeiro día 26 de agosto a localidade de Pontevedra baixo a organización do C.B. Arxil.

O Pavillón Universitario e o CEIP Manuel Vidal Portela acollerá novamente esta cita do Torneo Urbán 3×3 que organiza un ano máis o C.B. Arxil e que nesta ocasión xa chega á XVI edición. Para poder participar neste evento os interesados deberán entregar o cupón de participación cuberto ao club organizador (é posible descargalo dende a páxina web www.arxil.es), sendo posible a participación dende categorías de base ata sénior.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram