XVI “3 on 3 Carneiro ó Espeto”

A A.D.C. Espeto activa a décimosexta edición do seu xa tradicional 3×3 “Carneiro ó Espeto”, cita que neste 2016 rexistrase como puntuable para o “I Circuito Galego 3×3 FIBA PLANET”

O vindeiro 29 de xullo o Pavillón Municipal de Moraña será sede para esta XVI convocatoria que ten por obxectivo o formato 3×3 para a categoría sénior mixta, incluindo os xogadores e xogadoras maiores de 16 anos.

O propio torneo 3on3, acompañado por concursos (mates, triplas e 2ball), sorteos e xantar nun entorno natural conforman os atractivos deste “Carneiro ó Espeto” 2016, que ademáis será completamente de balde.

Inscrición
Para tramitar a inscrición, os interesados poden poñerse en contacto vía teléfono (986552809) o mail (adc_espeto@hotmail.com) indicando o nome do equipo e dos participantes, cun mínimo tres e máximo de cinco. O prazo para realizar este trámite vence o vindeiro 27 de xullo, ou previamente se se completase o cadro de competición cun total de 32 equipos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram