Xulio Teixeira, novo Xuíz do Comité de Competición FGB

A Federación Galega de Baloncesto comunica o nomeamento de Xulio Teixeira Rodríguez como novo Xuíz Único do Comité de Competición FGB.
 
Xulio Teixeira (Porriño, 1968) é avogado e profesor de dereito procesual da Universidade de Vigo, con máis de 25 anos de experiencia profesional no mundo do dereito.
 
No seu haber conta coa publicación de varios libros e múltiples artigos doutrinais sobre temas xurídicos diversos.
 
Así mesmo, é un gran coñecedor do mundo do Baloncesto Galego ao ter unha dilatada traxectoria deportiva como xogador (2ª división interautonomica e Liga EBA) e, posteriormente, segundo adestrador do CB Porriño (Liga LEB2), sendo moitos anos tamén adestrador nas categorías inferiores de dito club e das escolas deportivas municipais do Concello do Porriño.
 
Na súa nova responsabilidade na dinámica FGB, tomará o temón do Comité de Competición que ditamina as resolucións ás infraccións aos regulamentos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram