A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Baloncesto e Sport Zone, organizan en A Coruña os vindeiros días 2, 3 e 4 de abril, unhas completas “Xornadas Técnicas con Paco García”.
Dirixidas a xogadores e xogadoras nados nos anos 95, 96, 97, 98 e 99, esta actividade promove a mellora dos fundamentos técnicos dos xogadores e a profundización na súa formación integral. Todo guiado da man do adestrador galego Paco García.
As Xornadas de adestramentos iniciaranse o día 2, a partir das 10.30 h no Albergue da Merced, para posteriormente levar a cabo o traballo técnico no Polideportivo de Elviña e nas instalacións de INEF. Acompañando a Paco García permanecerán adestradores superiores, así como monitores de tempo libre. Este bloque de profesionais dará vida a unha actividade para á que se ofertan 60 prazas baixo un custe e requisitos que se poden consultar nos documentos que se achegan .
“Xornadas Técnicas con Paco García” – Tríptico 1
“Xornadas Técnicas con Paco García” – Tríptico 2