Xornadas de Tecnificación “NOVOBASKET” Vigo

Esta actividade formativa conta coa colaboración de Federación Galega de Baloncesto e “la Caixa”.

Este Nadal, Novobasket Vigo ofrece a posibilidade de aprender e formarse tecnicamente. Nas instalacións do colexio vigués de Maristas, os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro actívanse as Xornadas de Tecnificación “Novobasket”, dirixidas a xogadores e xogadoras de diferentes idades, que traballarán divididos en dúas categorías diferentes: “Minibasket” e “Baloncesto”

A acción formativa permitirá aos participantes mellorar cuestións como o bote, o tiro e diferentes aspectos de técnica individual, todo, por suposto, acompañado de tempo libre e ocio dirixido por monitores profesionais.

Adestradores cualificados serán os encargados de dirixir as sesións deportivas cada día, repartindo a carga de traballo nos seguintes horarios:

Grupo Minibasket
10.00 h – 12.00 h: adestramentos
12.00 h – 13.00 h: xogos

Grupo Baloncesto
12.00 h – 14.00 h: adestramentos

Información e Inscricións
Todos os interesados en recoller información sobre estas Xornadas de Tecnificación “NOVOBASKET” Vigo, así como levar a cabo a súa inscrición nas mesmas poden facelo a través do email novobasketvigo@gmail.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram