“Xornadas de Tecnificación 2014” no Club Baloncesto Mercedarias

O Club Baloncesto Mercedarias presenta as “Xornadas de Tecnificación 2014”, datas de traballo programadas para o presente mes de xullo e para agosto.

Esta convocatoria, cuxo obxectivo combina a ensinanza técnica, a educación e a convivencia; levarase a cabo no Pavillón do Colexo Mercedarias en horario de mañá, de 9:30h a 13:00 h.

As Xornadas están dirixidas a nenos e nenas de categorías Preminibasket, Minibasket, Infantil e Cadete e cada semana centraranse nunha categoría determinada, sempre baixo a coordinación do Director Técnico do C.B. Mercedarias e adestradores titulados.
Os grupos de traballo contarán cun máximo de 12 xogadoras por quenda, baixo o seguinte plan:

Preminibasket: do 7 ao 11 de xullo e do 11 ao 15 de agosto.
Minibasket: do 14 ao 18 de xullo e do 4 ao 8 de agosto.
Infantil e Cadete: do 21 ao 25 de xullo e do 28 de xullo ao 1 de agosto.

Participación
As “Xornadas de Tecnificación 2014” do C.B. Mercedarias presentan unha cota de inscrición de 60 €, cantidade que deberá aboarse a través da conta 2080 5206 0030 40002835 (NovagaliciaBanco). O xustificante deste pago e o boletín oficial de inscrición deberán remitirse en conxunto á propia sede do A.D.C.R. Santa Marina. A inscrición poderá realizarse durante toda a época estival.

No formulario oficial das xornadas, que achegamos xunto a esta información, detállanse estas condicións, así como posibles vantaxes e descontos sobre as mesmas.

“Xornadas de Tecnificación 2014”: Club Baloncesto Mercedarias

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram