Xornada Técnica para oficiais de mesa do CGAB

A actividade desenvolverase este sábado, 21 de setembro, en Santiago de Compostela, no marco da Fase Final da XXVIII Copa Galicia Sénior Masculina.

A Fase Final da XXVIII Copa Galicia transfórmase no escenario perfecto para a formación da man do Comité Galego de Árbitros. Dentro da programación para a actual temporada, o CGAB organiza unha Actividade Técnica de carácter autonómico que contará cunha representación de 15 oficiais de mesa e que terá lugar este sábado, 21 de setembro, data da primeira xornada da Fase Final da Copa Galicia,

Os sete comités zonais estarán presentes nesta convocatoria, contado coa participación de dous oficiais por Comité, exceptuando o Comité Santiagués, sede da actividade, que estará representado por tres. A xornada técnica estenderase durante toda a mañá, a partir das 10.00 h, e ata as 17:00 h, realizando unha correspondente pausa para o xantar.

Posteriormente, e vinculando a formación á competición oficial, os protagonistas trasladaranse ao Pavillón Multiusos Fontes do Sar, ubicación da Fase Final da Copa Galicia.

Competición
O traballo técnico completarase alí coa participación dos 15 oficiais nos tres partidos que compoñen a Fase Final da Copa, de tal xeito que desempeñaran as súas labores cinco oficiais en cada un dos tres encontros, todos baixo a supervisión técnica do Comisario ACB e Coordinador de Oficiais do CGAB, Alejandro Alcalde.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram