A Master Senior League arrincou este xoves o que é o seu sexto ano de existencia. A competición de 3×3 para xogadores de máis de 30 anos non federados volveu á carga cun total de 13 equipos e preto de 90 xogadores repartidos nas súas filas.
A Federación Galega de Baloncesto e a ADC EncestaRías, organizadora do evento, uniron forzas para proxectar o fomento desta competición pioneira en toda Galicia. Ambas as partes asinaron hai escasos días o convenio polo que traballarán da man polo fomento do baloncesto 3×3 para veteranos.
O formato da competición, que celebrou onte a súa xornada de estrea, será de liga regular e a cuxo remate se celebrarán os play – off. Tamén terá lugar a Copa MSL e mesmo xornadas festivas para potenciar o carácter lúdico e de deporte-saúde que é o auténtico fin desta idea.
Os equipos participantes este curso son: Te Lo Reservo-6,25; Pub La Bolsa; Rock Bar Miúdo; Pastelerías Yoli-Classic Team; A Despensa-Os Remolóns; Soher Slam Basket; Churrabasket-MoBu Deportes; Tintorería Ría de Arosa-A Esmorga; Policlínica Patricio Serqueira; Chantre-Alvamar; Andaina-Estrella Floja; Cocinas Santos e Duende-Angry Cats.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, a organización ofrecerá aos xogadores todo o necesario para que gocen do baloncesto e do ambiente que lle rodea. Mesmo, ademais dos habituais agasallos de cada tempada, tamén haberá convivencias fóra da pista e a posibilidade de poder acudir a presenciar partidos da liga ACB.
Inscrición
Ao contar con equipos impares nesta edición, a ADC EncestaRías mantén aberta a inscrición en masterseniorleague@gmail.com ou no teléfono 609005578. Desta forma mantense a porta aberta para todo aquel que queira gozar da experiencia de gozar do baloncesto nun formato divertido e máis apropiado para a idade dos participantes.