Xornada Formativa para Adestradores

Xornada Formativa para adestradores dentro do clínic arbitral do Comité Galego de Arbitros. O vindeiro día 1 de setembro, dentro do clinic arbitral do Comité Galego de Arbitros e coa colaboración do Concello de Marín; a Federación Galega de Baloncesto organizará a partir das 17.15 horas no Colexio San Narciso de Marín unha xornada formativa  dirixida a adestradores e coa posibilidade de validación horaria por participación (4 horas). 

 

Esta actividade estará centrada en tres charlas diferenciadas protagonizadas polo técnico de Rio Ourense Termal, Gonzalo GArcía de Vitoria; e o Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez: 

Gonzalo García de Victoria (Adestrador do Rio Ourense Termal): “Visión do Adestrador”.

Miguel A. Pérez (Director Técnico do CGAB):”Novas Regras” e “Interrelacion Paso Cero-Técnica individual do xogad@r.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram