Xornada final no #Mini2014: Galicia feminina, 4º clasificada

A Selección Galega Minibasket Feminina madrugou este mércores (09:00 h) para afrontar o seu encontro máis especial de todo o Campionato de España #Mini2014, un partido no que o trofeo más prezado podía chegar en forma de medalla de bronce. Na oposición unha potente Selección Madrileña, que chegaba de caer en semifinais ante Cataluña e que, finalmente, a pesares da positiva ambición incansable das nosas fíxose co trunfo e co conseguinte metal.

Na pista víronse as caras dous importantes equipos que, sen dúbida, eran merecedores ambos do premio que estaba en xogo. Galicia non gozou desta sorte pero pode estar ben segura de que as súas xogadoras e cadro técnico traballaron arreo dende o primeiro minuto deste Nacional de Seleccións. Dende aquí agradecerlles o seu esforzo e paixón por este deporte que, sen dúbida, traeralles moitas alegrías no futuro. Obrigado é facer extensivo este agradecemento tamén á Selección Minibasket Masculina (13ª clasificada), un equipo que sempre, e sen condicións, deu todo o que estaba nas súas mans.

Federación Galega de Baloncesto, Familiares, Adestradores, Clubs de orixe e afeccionados, todos podemos estar moi orgullosos das nosas Seleccións. 

Consultemos, a continuación, o resultado do encontro polo 3º e 4º posto:

(09.00 h) Madrid – Galicia (69 – 34)

Galicia Minibasket Feminina 2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram