Consulta aquí os resultados e estatísticas das Semifinais da XXIX Copa Galicia Sénior Masculina, celebradas en Lugo (Pazo dos Deportes) este mesmo sábado.
A final, que protagonizarán mañá, domingo 14, C.B. Breogán e Rio Natura Monbus Obradoiro está programada para as 13:00 h e coas cámaras da TVG en directo para contar todo o que aconteza.
13/09/2014. Pazo dos Deportes (Lugo)
(18:00 h) C.B. BREOGAN LUGO – LEYMA BASQUET CORUÑA (72 – 63)
Árbitros: Carlos Cortés, Daniel Pazos e Cristian Martín.
Ribeira Sacra Breogán e Leyma Natura Básquet Coruña ofreceron unha primeira semifinal propia dunha cita de inicio de pretemporada.
A saída en forte dos de Lugo, firmando un primeiro cuarto de intensidade, agresividade en defensa e rápidas transicións en ataque, desfixo as intencións de BCA de meterse no xogo dende o inicio. O equipo de Tito Díaz sufriu uns primeiros cinco minutos de suspenso e incertidume, pero foi quen de, dende o traballo, de mellorar a súa inercia e mesmo contaxiar ao anfitrión do seu ritmo.
Os locais, controladores en gran parte do partido do tempo de xogo, acusaron o seu bloqueo particular ao remate do 3º cuarto. BCA tentaba o marcador e grazas a súa labor en defensa e a un parcial incontestable de 13-21, recortaba as distancias no electrónicos, aquelas que no inicio parecían tan claras.
Os últimos dez minutos comezaron cun 55- 52 que semellaba ofrecer a posibilidade a Basquet Coruña de seguir remando a favor. Pero esta opción desfíxose e o bloque dirixido por Lisardo Gómez rubricou o seu pase á final sen dificultades.
(20:15 h) RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO – CLUB OURENSE BALONCESTO (83 – 64)
Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Jacobo Rial e Alejandro Pérez.
A final da XXIX Copa Galicia Sénior Masculina coñecía ao segundo finalista nun encontro decidido, en gran medida, na súaprimeira metade. Moncho Fernández e os seus xogadores despregaron o seu potencial durante uns primeiros 20 minutos nos que ao COB costoulle arrincar.
Un primeiro cuarto inapelable (26 – 9), precedido dun serio parcial de inicio a favor obradoirista (14 – 0 nos primeiros seis minutos), deliñaba o camino que estaba destinado a seguir esta semifinal. Ao descanso, e grazas a un bo papel de Salva Arco para os de Ourense, a distancia mantíñase en 14 puntos (45 – 31) a favor obradoirista.
A partir de ahí, o equipo de Gonzalo García de Vitoria impreciso e aerrático en defensa non rompeu de todo e buscou unha certa reacción e mellora en tono e defensa que, aínda que visible por momentos tanto en pista como no marcador, resultou tardía á vista do rexistrado nos primeiros compases de encontro.
A pesares de ter que solventar certos apuros nos últimos dez minutos, Río Natura Monbus tiraba da valía dos seus e, coa rúbrica final de Alberto Corbacho, erixíase, de novo e por quinto ano consecutivo, como finalista da Copa Galicia (83 – 64)
C.B. Breogán Lugo – Leyma Básquet Coruña. 1Q.
C.B. Breogán Lugo – Leyma Básquet Coruña. 2Q.
C.B. Breogán Lugo – Leyma Básquet Coruña. 3Q.
C.B. Breogán Lugo – Leyma Básquet Coruña. Final.
Rio Natura Monbus Obradoiro – COB. 1Q.
Rio Natura Monbus Obradoiro – COB. 2Q.
Rio Natura Monbus Obradoiro – COB. 3Q.
Rio Natura Monbus Obradoiro – COB. Final.