XIV Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

xiv certame o baloncesto e o nada

Chega a XIV edición do noso Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”. Unha cita especial para a FGB, e coa que cada temporada decide a postal que desexará boas festas a todos os federados.

A partir deste mesmo martes, 5 de decembro; activamos a edición 2023 do certame, renovando a colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas mediante a cal a Federación Galega de Baloncesto doará 1 KILO de alimentos por cada postal recibida.

As propostas de postais de todos os xogadores e xogadoras que participen entrarán no concurso habitual e sumarán ademais un compoñente de solidariedade que terá o seu destino no Banco de Alimentos Rías Altas.

REQUISITOS
O envío de postais está aberto aos xogadores e xogadoras de categoría preminibasket ata cadete, incluída.

Deberán enviar as súas postais mesturando no deseño dúas temáticas que cada ano resultan unha combinación moi positiva: o Baloncesto e o Nadal.

A data límite para remitir as propostas é a do 20 de decembro, baixo as condicións estipuladas nas BASES DO CONCURSO. Será o día 21 de decembro cando se coñecerá  a postal vencedora e a segunda clasificada.

PREMIOS

Grazas á colaboración de AMURA, os autores da postal gañadora e da segunda clasificada recibirán un lote de roupa deportiva das nosas Seleccións Galegas. Así mesmo, a postal gañadora obterá tamén máis presentes, recollidos nas bases. E, recoñecendo tamén o compromiso co certame, as 20 primeiras postais recibidas serán recompensadas cun agasallo.

BASES
As BASES que reflicten todos os detalles do certame e da participación no mesmo poden consultarse AQUÍ.

 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram