“XIV 3on3 Carneiro ao Espeto”: aberto o prazo de inscrición

(Información: ADC ESPETO) A A.D.C. Espeto pon en marcha o prazo de inscrición para a súa cita inmprescindible de todos os veráns: o XIV 3on3 Carneiro ó Espeto. Nesta edición, e como novidade, o evento celebrarase os vindeiros días 12 e 25 de xullo no Pabellón Municipal de Moraña.

Este evento está organizado pola ADC Espeto en colaboración co Concello de Moraña e diferentes entidades, entre as que se atopa a Federación Galega de Baloncesto.

Torneo Kids, a gran novidade

Como resposta ás numerosas peticións recibidas en edicións anteriores, a A.D.C. Espeto decidiu iniciar unha nova aventura e dedicará todo o día 12 de Xullo ao 3on3 “kids”, evento pensado para todos aqueles nenos e nenas a partir de 10 anos e menores de 18.

Este torneo constará de tres categorías, todas elas mixtas: minibasket (anos 2002-2003-2004-2005), infantil (anos 2000-2001) e cadete-junior (anos 1996-1997-1998-1999).

Torneo Sénior, todo un referente

Con catorce edicións consecutivas, o torneo senior é un referente a nivel autonómico, recibindo xogadores de todo o noroeste peninsular. Para este ano a organización aspira a repetir o éxito de participación das últimas edicións, ofrecendo un completo programa de actividades paralelas (comida na carballeira de Sta. Lucía, concursos de tiro, sorteo de material deportivo, etc) ao mesmo prezo de sempre: o torneo seguirá sendo de balde.

Inscrición

Para formalizar a inscrición tan só é preciso enviar un e-mail a adc_espeto@hotmail.com ou ben comunicarse a través dos teléfonos 986.552.809 ou 676.683.147, indicando o nome do equipo e os participantes, a categoría e un teléfono de contacto. A data tope de inscrición é a do 10 de xullo para o torneo kids e a do 23 de Xullo para o torneo senior.

Os padrinos deixan o seu selo de calidade ano a ano

Ezequiel Mosquera, Antón Paz, Moncho Fernández, Nacho Martín…nomes de deportistas ilustres que pasaron por Moraña e que fan que cada edición a organización teña un pouco máis difícil sorprender. Mención especial a Nacho Martín, xogador máis valorado da Liga Endesa quen fixo as delicias dos máis pequenos durante todo un día asistindo a diferentes actividades (ludoteca infantil, festa acuática…) o pasado verán.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram