XIII Torneo de Baloncesto “Concello de Soutomaior”

Club Baloncesto Arcade, da man do Concello de Soutomaior, suma este sábado, 12 de abril, unha nova edición para o seu Torneo “Concello de Soutomaior”. A deste ano será a décimo terceira cita con esta competición, a disputar no Pavillón Municipal A Montesiña a partir das 16.30 h.

C.B. Airexa (4º división FGB), C.B. Concert/Spain (3º División FGB) e o anfitrión, C.B. Arcade (3º División FGB) son os equipos convidados a dar vida a este XIII torneo, que renova a súa aposta polo formato 3×1, todos contra todos, en encontros de vinte minutos.

O Calendario completo para este XIII Torneo de Baloncesto “Concello de Soutomaior” é o seguinte:

(A) C.B. Airexa – C.B. Concept Spain
(B) C.B. Arcade – perdedor A
(C) C.B. Arcade – vencedor A

Os tres equipos porán tamén o peche ao torneo coa súa presenza na entrega de trofeos, acto xa tradicional deste Torneo, no que o Concello e Club local se involucran sempre para que todo resulte un éxito.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram