XIII Clínic Lugo é Basket Hierros Ferreiro

A APSX Sagrado Corazón organiza o vindeiro día 3 de setembro (sábado), un clínic formativo orientado a adestradores  e coa participación de Ricard Casas, Mateo Rubio e David García. A programación do mesmo será o seguinte:

10:15 – Presentación e entrega de material.
10:30 – Ricard Casas: Exercicios para a metodoloxía do bloqueo directo e o 1×1.
11:50 – Mateo Rubio: Estruturando o xogo en formación.
13:10 – David García: Espazos e movementos sen balón.
16:30 – Ricard Casas: Tarefas do adestrador: Planificación, esixencia e motivación.
17:50 – Mateo Rubio: Detalles técnico-tácticos no 2×2.
19:10 – David García: Preparación do ataque utilizando o scouting.
 
A todos os asistentes entregaránselle as planillas oficiais do clínic.
A asistencia á totalidade do clínic convalidará 8 horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Adestrador da Federación Galega de Baloncesto.
 
O coste da inscrición será de 25 €, pero os grupos de 3 ou mais terán un desconto. Para facela efectiva haberá que enviar os datos persoais a ajsc_lugo@hotmail.com, achegando o ingreso correspondente no nº de conta 2080-0151-19-3040007121 de Abanca.

CARTEL_CLINIC_XIII_HIERROS_FERREIRO_2016.jpg

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram