XII Torneo Teresa Herrera Minibasket

Os vindeiros días 3 e 4 de xaneiro poñerase en marcha unha nova edición do Torneo Teresa Herrera Minibasket, cita que organiza Basquet Coruña e na que, por segundo ano consecutivo; participarán dous combinados autonómicos FGB da xeración 2007.

A competición, que se levará a cabo nos recintos herculinos da Polideportiva Municipal Riazor 1, Polideportiva Municipal Riazor 2, Polideportivo Agra 2 e Polideportivo A Normal; contará ademáis con equipos galegos de minibásquet, así como con equipos de procedencia berciana e leonesa. En concreto, serán doce os participantes en cada categoría pertencentes a:

Colexio Leonés
Culleredo
PDG Galicia FGB 2007
C.B Maristas Lugo
Novobásket Vigo
Básquet Coruña
Marín Peixegalego
Baloncesto Ponferrada
Montrove
BBCA
Academia Celta
6,25 Ponferrada
Pontumio
Galén Ensino/ Maristas
Salesianos Vigo
B.F León

O formato de xogo comprenderá seis grupos; tres masculinos e tres femininos, cada un deles formado por catro equipos que xogarán liga a unha volta. Os primeiros de cada grupo, e o mellor segundo (obtido en liguilla previa entre os catro segundos) disputarán semifinais. Mentres, os terceiros e cuartos xogarán en sistemas de liguilla (terceiros contra terceiros e cuartos contra cuartos) para clasificarse do 7 ao 12.

Presenza CGAB
Este XII Torneo Teresa Herrera Minibasket sumará tamén a participación do Comité Galego de Árbitros, sendo os colexiados FGB os encargados de dirixir os encontros, así como de realizar traballo técnico de carácter formativo.

Pola súa banda, a lista oficial dos convocados e convocadas para configurar os dous combinados galegos 2007 pode consultarse nos documentos que se achegan.

PDC Galicia FGB 2007 – Feminino
PDC Galicia FGB 2007 – Masculino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram