O C.B. Arcade e o Concello de Soutomaior organizan este sĆ”bado, 23 de marzo, a XII edición do seu Torneo “Concello de Soutomaior”, a disputar no Pavillón Municipal A MontesiƱa a partir das 16.30 h.
TomarĆ”n parte desta cita o C.B Pontevedra, o San Mauro – Vilanova e o propio C.B. Arcade, os tres, equipos da terceira división. CompetirĆ”n en formato 3×1, todos contra todos, distribuĆndo o seu xogo en encontros de vinte minutos dirixidos por colexiados do CGAB.
AbrirĆ” o Torneo un C.B. Pontevedra – C.B. San Mauro, para dar paso posteriormente Ć” seguinte orde de encontros: C.B. Arcade – Perdedor do C.B. Pontevedra – C.B. San Mauro e, finalmente: C.B. Arcade – Vencedor do C.B. Pontevedra – C.B. San Mauro.
A tradicional cerimonia de trofeos porƔ o broche a esta doceava convocatoria, da que se agarda que repita o Ʃxito de anteriores temporadas.