Con motivo da organización do II Torneo Lugo é Basket, a celebrar en Lugo os días 11, 12 e 13 de setembro, a APSX Sagrado Corazón organiza o último día, domingo 13; un clinic formativo orientado a adestradores e coa participación de Lisardo Gómez (técnico do CB Breogán), Porfirio Fisac (técnico do Palencia Baloncesto) e Gonzalo García de Vitoria (técnico do Club Ourense Baloncesto). A programación do mesmo será o seguinte:
11:00 h: Lisardo Gómez. “Defensa de bloqueos no CB Breogán”.
12:30 h: Porfirio Fisac. “Adestrando formación para chegar á élite”.
16:30 h: Gonzalo Garcia de Vitoria. “Atacar bloqueos directos no lateral do campo”.
19:00 h: Partido Cafés Candeas Breogán vs Queixos Cerrato Palencia.
A asistencia á totalidade do clinic convalidará 9 horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Adestrador da Federación Galega de Baloncesto.
Inscrición
O custo da actividade será de 20 euros, incluíndo a asistencia ás charlas, as planillas do clinic e a entrada para o partido desa xornada. Estableceranse descontos para grupos en función da cantidade de asistentes e procedencia dos mesmos. Para facer efectiva a inscrición bastará con facer o correspondente ingreso na Conta: 2080 – 0151 – 19 – 3040007121 de Abanca e remitir os datos persoais por mail a: ajsc_lugo@hotmail.com