XI Memorial Miguel Ángel González Estévez

Agrupación Deportiva Cortegada organiza esta fin de semana, 11,12 e 13 de abril; a XI edición do Memorial Miguel Ángel González Estévez. Esta competición, xa unha habitual destas datas en Galicia, desenvolverase integramente no recinto de Fexdega onde se habilitarán catro canchas regulamentarias para a categoría infantil feminina. 

A entidade de Vilagarcía reúne nesta convocatoria a 16 equipos, destacando entre outros: o actual campión, o Grupo Junquera; dous clubs xa clásicos en asistencia como son Carmelitas e Pontumio; un dos clubs organizadores dun dos mellores torneos de España como é Tres Cantos; un club veterano no baloncesto de Castilla León que é Filipenses de Palencia, e a presenza dun club vinculado ultimamente a Cortegada: Guifoes de Portugal. A lista de entidades que completan o cadro total de participantes pode consultarse no documento que se achega. 
 
Nesta úndecima edición estará dispoñible tamén cunha pista adicional na que como novidade, e ademais dos xa tradicionais concursos de habilidade e tiro, disputaranse encontros en categoría infantil masculina.
 
Grazas a este XI Memorial Miguel Angel González Estévez, AD Cortegada confírmase como un referente deportivo á hora de organizar un evento con carácter competitivo, no que a boa fe, se dará a oportunidade de mellora a cada unha das participantes. 

XI Memorial Miguel Ángel González Estévez: Equipos participantes

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram