XI Día Autonómico do Minibasket: ábrese a inscrición

O Grupo Correo Gallego chega un ano máis coa súa actividade estrela no que ao baloncesto se refire: o Día Autonómico do Minibasket, que neste 2014 celebra a súa undécima edición.

En colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago, O Grupo Correo Gallego abre a convocatoria para este XI DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, cita que terá lugar o vindeiro 31 de maio na que é xa a súa casa: o Multiusos Fontes do Sar.

Están convidados a ser protagonistas desta festa do minibasket todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados entre 2002 e 2006, configurados para a ocasión cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por cada grupo.

Do xeito tradicional, os participantes disputarán dous encontros, un en horario de mañá e outro en horario de tarde. Así mesmo, gozarán de xogos, ocio, diversión e agasallos a través dos concursos de habilidade.

Proceso de Inscrición

A presente edición do DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET mantén este ano, debido as continuas dificultades económicas, o requisito dunha cota de participación establecida en 60 euros por equipo, cantidade que axudará a cubrir os gastos do evento.

Os equipos que desexen tramitar a súa inscrición terán que remitir debidamente cuberto, e antes do día cinco de maio, o formulario de preinscrición correcto. O enderezo electrónico minibasquet@elcorreogallego.es permanecerá á súa disposición recollendo estas peticións. Lembrar que o número de participantes será limitado e a inscrición realizarase por estrita orde de chegada.

Unha vez recibidas as preinscricións, a organización confirmaralle a cada equipo a súa participación. Estes, pola súa banda, deberán executar o ingreso na conta nº ES 17 2100 4876 0722 0012 3528, indicando o nome completo do equipo e enviando, posteriormente, o resgardo de pagamento para facer efectiva, por completo, a inscrición.

XI Día Autonómico do Minibasket: formulario de inscrición.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram