Chega unha nova oportunidade formativa para os técnicos da nosa Comunidade. Da man da Associação de Basquetebol do Porto, entidade que mantén vinculación coa área de adestradores FGB, ábrese a posibilidade de participar no XI CLINIC INTERNACIONAL, a celebrar este sábado e domingo, 3 e 4 de outubro; na localidade de Póvoa de Varzim.
No Pavillón Municipal desta vila, moi próxima a Oporto, comparecerán diferentes técnicos de recoñecida traxectoria e experiencia, para cubrir dúas xornadas completas nun programa que alternará formación teórica e práctica:
XI CLINIC INTERNACIONAL – ABP
Sábado, 03/09/15
(14:30 h) Recepción participantes.
(14:50 h) Apertura Oficial.
(15.00 h) Javier Bello: “Aplicación da preparación física en idades de formación”.
(16:30 h) Joao Freitas: “A transición defensa – ataque”.
(18:00 h) Luis Guil: “Spacing: xogo libre por conceptos para calquer categoría”.
Domingo, 04/09/15
(09:45 h) Joao Freitas: “Unha experiencia no alto rendemento”.
(11:00 h) Luis Guil e Javier Bello: “Adestramento integrado na Selección Española Sub 18”
(13:00 h) Clausura
Inscrición específica
A Associação de Basquetebol do Porto establece un prezo especial de inscrición (30 euros) para todos aqueles adestradores galegos que desexen asistir á undécima edición deste Clínic Internacional.
Esta promoción conta co simple requisito de tramitar o pago in situ, unha vez chegados ao Pavillón Deportivo Municial de Póvoa de Varziz.
Así mesmo, para posible sconusltas e maís información, mantén activa a conta marketing@abp.pt