XI Campus de Baloncesto – C.B. ADFRO

Club Baloncesto ADFRO convoca a XI edición do seu Campus de Baloncesto, cita habitual de Semana Santa dirixida a xogadores e xogadoras de 7 a 16 anos de idade. A mesma terá lugar en A Coruña os vindeiros días 14, 15, 16 de abril.

Co obxectivo de difundir o baloncesto a través de Sesións Técnicas, Competicións amigables e actividades de carácter alternativo  á práctica deportiva, a entidade coruñesa presenta esta undécima etapa do seu Campus, o cal, de seguro, volverá a ser referencia nesta zona.

As tres xornadas do Campus levaranse a cabo en horario de mañá (de 09:30 h a 13:30 h) no Pavillón das Cocheras, establecéndose a inscrición para o total das tres datas (14, 15, 16 de abril) nunha cota económica de 20 euros, os cales deberán ingresarse de xeito previo.

Todos os interesados en solicitar a súa participación poden entregar a súa documentación ou requirir máis datos nos seguintes medios de contacto: a través de correo electrónico adfrobaloncesto@yahoo.es ou vía telefónica: 646741463.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram