XI Campus Basket Lino López

A undécima edición do Campus Básquet Lino López, organizada por PROBASE, chega un ano máis para renovar a súa cita cos nenos e nenas de Ferrolterra.

Esta convocatoría atópase en pleno proceso de recepción de inscricións, as cales poden levarse a cabo a través da súa web: www.campusbasketlinolopez.com.

Marcado para celebrarse entre os días 23 e 28 de xuño, regresa a actualidade unha temporada máis, a da súa undécima edición, o Campus Basket Lino López.

Organizado por PROBASE, neste 2014, Ricardo Aldrey (ex xogador ACB, internacional absoluto, título superior de adestrador e Director da Escola Ricardo Aldrey do Recimil CB) e Lino López (Técnico Superior de Baloncesto, ex xogador LEB e actual adestrador do Universitario Ferrol de LF 2) dirixen esta iniciativa, pensada para xogadores e xogadoras de idades comprendidas entre 6 e 18 anos.

Este público obxectivo poderá disfrutar nas instalacións do Colexio Público de San Juan (Ferrol) das tradicionais e diversas actividades deste Campus: basket, deportes variados, actividades alternativas de ocio, visitas especiais de deportistas profesionais e, entre outros alicientes, moita diversión.

Todos os interesados de consultar a oferta e requisitos deste XI Campus Basket Lino López poden consultar a súa web www.campusbasketlinolopez.com, na que lembramos, permanecerá aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 20 de xuño.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram