Esta mesma mañá de mércores tivo lugar en Cambados o sorteo do XIV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino, cita que albergarán as vilas galegas de Marín e Vilagarcía de Arousa do 27 de maio ao 2 de xuño.
O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; así como diferentes representantes de ambos os Concellos organizadores, participaron no acto de posta de longo do Campionato, así como no indicado sorteo. A presenza ademais do Capitán do Obradoiro CAB, “Tuky” Bulfoni, arroupou a inauguración da que será unha cita de máxima importancia no calendario do baloncesto nacional.
A continuación adiantamos o resultado do mesmo, que deixa os oito grupos de xogo configurados do seguinte xeito:
Grupo A: Joventut, 100×100 Basket, La Salle Rovira e CBC 96.
Grupo B: Estudiantes Leyma Natura, Easo A, Medio Cudeyo e San Antonio Cáceres.
Grupo C: Real Madrid, Valencia BC, Peixegalego e 2º Baleares.
Grupo D: Canterbury Indecnet, Cajasol, Alginet e Compañía María Santiago.
Grupo E: Endesa 96, Blancos Rueda, Manresa e 1º Castilla-La Mancha.
Grupo F: Espacio Torrelodones, Grupos Zhaber ISB, Grupo Covadonga e Palencia.
Grupo G: Unicaja, CAI Zaragoza, La Caja Canarias e Fuenlabrada.
Grupo H: Barcelona, Capuchinos, Burlada e 2º Castilla-La Mancha.
No documento que se achega pode consultarse o CALENDARIO COMPLETO.