Xa hai grupos e calendario para o Campionato de España Infantil Masculino

O sorteo do Campionato de España Infantil Masculino de clubs que se disputará do 14 ao 20 de xuño en Cambados (Pontevedra) tivo lugar este martes, 2 de xuño, na sede do Concello da vila.

Aínda faltan Federacións Autonómicas por celebras as súas fases polo que no sorteo non están os 32 equipos que loitarán polo trono do Campionato de España Infantil en Cambados. 

Grupo A: Real Madrid, Cartagena, Bosco Salesianos y Melilla Baloncesto. 

Grupo B: Unicaja, equipo vasco, RGC Covadonga y CBC D’ELHUYAR 2001.

Grupo C: CAI Zaragoza, CA Montemar Roja, Aranguren Multibasket 2002 e Instituto Rosalia.

Grupo D: Valencia Basket, Gran Canaria, Academia Evolución y EBA (Albacete).

Grupo E: FC Barcelona, Vass Alcobendas, Fundación Baloncesto León y Extremadura.

Grupo F: Movistar Estudiantes, Santo Domingo Tenerife, equipo vasco y CB Andujar.

Grupo G: UB Sant Adrià, Baloncesto Sevilla, CD Boscos Ciutadella y PBB.

Grupo H: Canterbury Idecnet, Juventut Badalona, CB Peñas Huesca y Medio Cudeyo Piensos Juan.

A Primeira Fase contará con tres xornadas (14, 15 e 16 de xuño) con sistema de liguiña a unha volta no que os dous primeiros clasificados meteranse en oitavos de final (17 de xuño). O xoves 18 xogaranse os cuartos de final (xa todos no Pavillón Pombal), o venres 19 as semifinais mentres que o sábado 20 disputarase a gran final.

Calendario Completo – Infantil Masculino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram