X Semana de Adestramentos LEB Ouro / Liga Feminina

A Asociación Española de Adestradores de Baloncesto mantén activo o prazo de inscrición para o seu programa Semana de Adestramentos LEB Oro/Liga Feminina, actividade que – un ano máis- xera gran interese entre os participantes e que neste 2016 suma dez anos.

O proxecto renova a aposta polo seu formato tradicional e ofrece de novo a todos os adestradores que o desexen a posibilidade de desfrutar dunha semana compartindo sesións, partidos, debates e comentarios cos adestradores profesionais do baloncesto español.

Este 2016 as posibilidades galegas de participar repártense en catro semanas diferentes baixo o seguinte calendario:

Ourense Provincia Termal – Gonzalo García de Vitoria (do 08 ao 14 de febreiro)

Cafés Candelas Breogan – Lisardo Gómez (do 15 ao 21 de febreiro)

Leyma Basquet Coruña – Tito Díaz (do 29 de febreiro ao 6 de marzo)

Star Center Uni Ferrol – Lino Lopez (do 14 ao 20 marzo 2016)

Inscrición
Os adestradores interesados en tomar parte dalgunha destas propostas autonómicas poden inscribirse a través da propia FGB, enviando a correspondente folla de inscrición a través do email adestradores@fegaba.com

Indicar que ao remate de cada “Semana de Adestramentos”, os participantes deberán elaborar un traballo, de obrigada entrega, sobre os detalles técnicos contemplados durante a mesma. Tras culminar este proceso, todos os alumnos recibirán un certificado de asistencia válido por 20 h, hábil para obter a acreditación dás horas de prácticas requiridas para as titulacións expedidas pola Federación Española de Baloncesto

Formulario inscrición: X Semana de Adestramentos

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram