X “Memorial You”: Cenor Cluny – Maristas Coruña

O Club Baloncesto Cluny renova un ano máis, o décimo de xeito consecutivo, o seu recordo e homenaxe a Yolanda Núñez Peña, “You”, falecida xogadora lucense que tan excelente traxectoria deportiva e persoal viviu na súa época no club da capital de Galicia.

O equipo santiagués reúne nesta X edición á súa plantilla de Autonómica Feminina xunto á de Maristas Coruña. Ambos conxuntos enfrentarase este sábado, 9 de febreiro; ás 18.00 h no propio Pavillón de Cluny.

Será un encontro patrocinado por CENOR e que conta tamén coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, entre outras institucións que apoian ao Baloncesto e ao Deporte.

Dende a súa propia web oficial, o club da capital de Galicia detalla os valores a difundir con este X “Memorial You”, unha cita especial para toda a entidade coa que promover os “valores positivos” do deporte

X “Memorial You” – Información
X “Memorial You” – Equipos

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram