X DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASKET: aberto o prazo de inscrición

O Grupo Correo Gallego prepara xa, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago de Compostela, unha nova edición (X) do DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, cita que nesta ocasión terá lugar o vindeiro 8 de xuño, na súa sede xa tradicional: o compostelán pavillón do Multiusos Fontes do Sar.

A convocatoria de participación nesta X edición permanece aberta a todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados no ano 2001 e posteriores, cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por cada equipo.

Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde, e poderán participar en xogos e nos habituais concursos de habilidade, que este ano requiren inscrición aparte.

Inscrición
A presente edición do DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET mantén este ano, debido as dificultades de financiamiento, o requisito económico dunha cota de participación valorada en 60 euros por equipo, unha cantidade que axudará a cubrir os gastos do evento.

Os equipos que desexen inscribirse terán que remitir debidamente cuberto, e antes do 14 de maio, o formulario de preinscrición correcto. O enderezo electrónico minibasquet@elcorreogallego.es permanecerá activo recollendo as solicitudes.

Unha vez recibida esta preinscrición, a organización confirmaralles a súa participación. Estes, pola súa banda, deberán executar o ingreso na conta nº 0049 2584 94 1910169711, indicando o nome completo do equipo e enviando, posteriormente, o resgardo de pagamento para facer efectiva, por completo, a inscrición.

Polas características propias das instalacións, o número de participantes será limitado e a inscrición realizarase por estrita orde de chegada.

X DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASKET: formulario de preinscrición.
X DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASKET: preinscrición concursos habilidade.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram