“X Clinic Lugo é Basket – Hierros Ferreiro”

A décima convocatoria do Clínic conta co apoio e patrocinio de Hierros Ferreiro, e a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, entre outra empresas como a Casa da Auga, o Hotel Méndez Núñez e Mazo de Santa Comba.

A “Asociación Juvenil Sagrado Corazón” organiza, o vindeiro domingo 13 de Xullo, o seu “X Clinic Lugo é Basket – Hierros Ferreiro”, a celebrar no Pazo dos Deportes de Lugo.

A actividade, que de novo destaca entre as propostas formativas da época estival, contará nesta décima edición coa presenza de destacados relatores convidados: Pedro Martínez (adestrador do Gran Canaria 2014), Txus Vidorreta (adestrador do Estudiantes) e Ricard Casas (adestrador do CB Valladolid); a eles uniranse Lisardo Gómez (adestrador do CB Breogán) e Javi Muñoz (adestrador do Ensino) na mesa redonda final. Os cinco adestradores compoñen un cartel de luxo que realzará o décimo aniversario do Clínic.

A programación de charlas estenderase durante toda a xornada do domingo 13, dando cabida, baixo o seguinte horario, ás diferentes propostas dos técnicos:

10:00 h Presentación e entrega de material.

10:30 h Ricard Casas. “Situacións defensivas en todo o campo”.

12:30 h Txus Vidorreta. “Bloqueos indirectos en formación e alto rendemento”.

17:00 h Pedro Martínez. “Espazos e movementos dos xogadores sen balón”.

18:30 h Pedro Martínez. “Exercicios defensivos básicos”.

20:15 – Mesa redonda. “Proceso de formación, do minibasket á élite”.

Inscrición
O “X Clinic Lugo é Basket – Hierros Ferreiro” presenta unha cota económica departicipación valorada en 35 euros por persoa, contando con posibles descontos para grupos. Para podes realizar a inscrición é preciso cubrir a folla de inscrición oficial e remitila, xunto ao ingreso bancario na conta 2080-0151-19-3040007121 de ABANCA) a: mailajsc_lugo@hotmail.com.

Destacar a validación formativa por parte da FGB, como colaboradora no Clínic” a través de 9 horas para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores que formen parte da décima edición desta actividade.

“X Clinic Lugo é Basket – Hierros Ferreiro”: inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram