A X edición do “Campus Basket Lino López” chega neste 2013 cunha atractiva oferta lúdico deportiva da que poder participar en Ferrol (Colexio Público San Xoan Filgueira) entre o 24 e o 29 de xuño.
Dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 18 anos, e baixo a dirección de Lino López e Ricardo Aldrey, actuais adestradores do Universitario de Ferrol en Liga Feminina 2, este Campus promove a posibilidade de aprender e mellorar as capacidades baloncestísticas de cada participante grazas ao apoio de monitores titulados e cualificados técnicos.
O Baloncesto, compaxinado con deportes alternativos, así como con diferentes actividades de ocio, será o protagonista, e poderase desfrutar del, ademais de cos adestramentos en pista, coa visita de xogadores, xogadoras e adestradores das categorías de elite do Baloncesto Español, chegando a contar con algunha atractiva sorpresa ACB.
A información completa de esta X edición, na que contrastar o prezo, as posibles opcións de descontos, así como os tramos horarios nos que se levará a cabo a actividade, pode consultarse polo miúdo na web oficial do campus www.campusbasketlinolopez.com, así como no documento que aquí se achega.