WC2014: O Road Show da FEB acompaña a Básquet Coruña no seu debut en Adecco Oro

O Road Show da Copa do Mundo 2014 non quixo perderse o debut do Leyma Natura Básquet Coruña na Adecco Oro. O camión da FEB que transporta parte da historia do baloncesto español fixo parada na Coruña esta fin de semana, acompañando a unha data tan especial como o debut do conxunto coruñés nesta competición.

(COMUNICACIÓN FEB) A explanada do Palacio dos Deportes de Riazor foi o lugar elixido para a nova parada do Road Show 2014. Nun marco incomparable, coa praia de Riazor ao fondo e con moitos xogadores que buscaban gozar dunha mañá de baloncesto, varios afeccionados da cidade herculina pasaron a ver o Road Show, que xa percorreu varias cidades de España nunha ruta que achegará o patrimonio do baloncesto español a toda a xeografía nacional.

Paralelamente a esta nova parada do Road Show 2014, levouse a cabo tamén o “Torneo 3×3 Virxe do Rosario”, competición organizada por Básquet Coruña e que celebrou a súa fase final a partir de 12.30 horas do domingo. O colofón, coa entrega de premios desta cita, puxo o broche de ouro a unha fin de semana onde o baloncesto foi o auténtico protagonista.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram