Vive en directo, este domingo, o Marín Peixegalego – Estudiantes de Lugo da 1º División Júnior Masculina FGB

A Federación Galega de Baloncesto activa esta mesma fin de semana, en fase de proba, a posibilidade de transmitir en directo (vía web) un encontro das súas Ligas FGB a nivel autonómico, escollido este partido polo seu interese e potencial deportivo.

A estrea desta iniciativa, que incidimos se atopa en fase de test e proba, terá lugar este mesmo domingo, 16 de febrero; da man do encontro júnior masculino da Primeira División FGB que enfronta a Marín Peixegalego e Estudiantes de Lugo. A cita en cuestión está marcada para as 12.00 h no Pavillón de A Raña.

Todos os afeccionados interesados en poder ollar en directo o que acontece neste interesante duelo entre dúas das mellores canteiras do baloncesto actual poderán facelo a través da seguinte ligazón: pasionmc.com/fgb

Agradecendo a colaboración de ambos os clubs e do Concello local para poder levar a cabo este propósito, agardamos que o baloncesto nos ofreza un grato espectáculo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram