Visita institucional á FEB do novo equipo directivo FGB

O Presidente da Federación Española, Jorge Garbajosa, mantivo unha reunión de traballo co novo Presidente da FGB, Julio Bernárdez.

(Info: FEB) Este mércores, a nova cúpula directiva da Federación Galega de Baloncesto (FGB), encabezada polo Presidente, Julio Bernárdez; mantivo unha reunión de traballo cos dirixentes da Federación Española de Baloncesto, encabezados polo seu Presidente, Jorge Garbajosa.

A xuntanza serviu para poñer de manifesto a plena sintonía entre entidades, aliñar os intereses das dúas institucións, así como para estudar posibles acordos de colaboración a desenvolver nos próximos tempos.

Julio Bernárdez: “Unha xornada tremendamente frutífera”

O Presidente FGB indicou que neste encontro “Plasmamos a vontade que xa amosamos tanto Jorge como eu durante a nosa primeira entrevista en Vigo na presentación do Torneo Internacional que a Selección Feminina disputará do 24 ao 26 de maio.  Posteriormente tamén me puiden reunir con Elisa Aguilar (Directora das Competicións FEB) en Madrid e hoxe demos forma a todo o falado anteriormente”.

“Foi unha xornada tremendamente frutífera porque a Federación Española de Baloncesto puxo ao noso servizo a grandes profesionais que nos asesoraron en temas que nos preocupan, como son os adestradores e os patrocinios”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram