O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, estivo esta fin de semana na provincia de Ourense visitando aos distintos clubs da Delegación cos que puido intercambiar impresións e inquedanzas, asistindo a varios encontros.
Tamén visitou o PDC celebrado este domingo en Pereiro de Aguiar, onde estivo acompañado en todo momento polo Concelleiro de Deportes, Francisco González.