Vilagarcía de Arousa, sede para as Fases Finais da Copa Galicia Infantil

– A localidade Pontevedresa será protagonista por partida dobre en Copa Galicia Infantil gracias á concesión da FGB a A. D. Cortegada da organización de ambas as competicións.

– Marcadas no calendario para este domingo, 25 de novembro, as dúas Fases Finais celebraranse no Pavillón de Fontecarmoa.

A Copa Galicia Infantil, derradeira competición destas características por completar palmarés nesta 2012 – 2013, coñece xa todos os detalles que lle darán vida.

Programada para este domingo, 25 de novembro, tanto en categoría feminina como masculina, esta cita deportiva trasladarase ata Vilagarcía de Arousa, baixo a organización de A.D. Cortegada.

O Pavillón de Fontecarmoa acollerá aos tres mellores equipos da fase previa masculina : Liceo Casino, COB Salesianos e Santo Domingo de Betanzos; acompañados polo mellor segundo, Básquet Coruña.

Repetirase o esquema en categoría feminina, na que o propio A.D. Cortegada recibirá na casa a Pontumio, Codigalco Carmelitas e Celta Maristas, mellor segundo este último. Os catro medirán as súas forzas na busca do título copeiro, perfecto paso previo ao inicio ligueiro.

O calendario de cada Fase, ofrecendo xogo tanto en horario de maña como de tarde, pode consultarse no documento que se achega.

Copa Galicia Infantil: Calendario Fases Finais.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram