VIII Torneo Internacional Minibasket Baiona 2014

Os próximos días 11, 12 e 13 de abril de 2014 o Club Baloncesto Baiona conxuntamente co Concello de Baiona, organizan unha nova edición do Torneo Internacional de Minibasket, volvendo organizalo neste 2014 nas datas orixinais de torneo, coincidindo coa semana santa.

Son moitas as ganas da organización por volver presentar ás mellores escolas galegas de Baloncesto en Baiona e, actualmente, están preparando o cartel de equipos convidados para reunir no Pavillón Municipal de Baiona ás mellores escolas e poder comprobar desde moi preto os xeitos e evolucións dos futuros xogadores de Baloncesto da nosa Comunidade Autónoma e do país veciño, Portugal.

Esta oitava edición contará cun total de 24 equipos, 12 en categoría masculina e 12 en categoría feminina polo que concentraremos un total de 290 participantes e máis de 80 voluntarios do propio Club Baloncesto Baiona que garantirán ao longo da semana santa do ano 2014 diversión e espectáculo. 

O torneo, como en edicións pasadas, realízase ao longo dunha fin de semana dando a posibilidade aos equipos de aloxarse en Baiona e gozar duns días de Baloncesto e convivencia entre os 290 xogadores e xogadoras participantes. 

O sistema de competición está definido do seguinte xeito:

Venres, 11 de abril: torneos de tiro, habilidade, presentación de padriños deportivos. 
Sábado, 12 de abril: fase clasificatoria. 
Domingo, 13 de abril: fase Play off. 

A organización do torneo emprende esta nova edición agradecendo, dende un principio, ás diferentes institucións colaboradoras, entre as que se atopa a Federación Galega de Baloncesto. Así agradecen tamén a: Xunta de Galicia, Diputación de Pontevedra, e aos patrocinadores: Coca-Cola, Novagaliciabanco, GADISA e Hotel Bahía Baiona o seu apoio para facer realidade unha edición máis deste Torneo Internacional de Minibasket.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram