VIII Semana de Adestramentos Adecco Oro

Regresa unha temporada máis o programa formativo “Semana de Adestramentos Adecco Ouro”, actividade para a cal a FEB conta coa colaboración directa da Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEEB), dos clubs da liga Adecco Oro, e das distintas Federacións Autonómicas.

Os adestradores galegos teñen de novo ante si a oportunidade de formarse cos mellores profesionais do noso baloncesto, e todo gracias á “Semana de Adestramentos Adecco Oro”.

A Federación Española de Baloncesto, dan man da AEEB, renova este programa de “formación continua” para a presente temporada, ofrecendo aos técnicos de todo o país a posibilidade de compartir, dende dentro, unha semana completa de traballo e adestramentos  (sesións técnicas de obrigatoria asistencia e sesións físicas voluntarias) cun equipo da máxima competición do Baloncesto FEB (Adecco Oro).

C.B. Breogán, Leyma Natura Básquet Coruña e Ourense Termal configuran a proposta galega nesta VIII edición da “Semana de Adestramentos”, formando parte así desta experiencia didáctica o trío de técnicos composto por Lisardo Gómez, Tito Díaz e Gonzalo García de Vitoria, respectivamente.

A primeira convocatoria galega terá lugar na cidade da Muralla na semana do 24 de febreiro ao 02 de marzo con C.B. Breogán; Posteriormente virán, Ourense Termal, do 3 ao 9 de marzo; e Leyma Natura Básquet Coruña entre o 24 e o 30 de marzo.

Inscrición

Os adestradores interesados en tomar parte dalgunha destas tres propostas poden inscribirse a través da propia Federación Galega de Baloncesto, enviando a correspondente folla de inscrición a través do email adestradores@fegaba.com

Indicar que ao remate de cada “Semana de Adestramentos”, os participantes deberán elaborar un traballo, de obrigada entrega, sobre os detalles técnicos contemplados durante a mesma. Tras culminar este proceso, os “alumnos” recibirán un certificado de asistencia válido por 20 h, hábil para obter a acreditación das horas de prácticas requiridas para as titulacións expedidas pola Federación Española de Baloncesto

VIII Semana de Adestramentos Adecco Oro – Calendario Completo
VIII Semana de Adestramentos Adecco Oro – Folla de inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram