VIII Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para esta convocatoria formativa, a cal será a última no ámbito didáctico “on line” da presente temporada.

O Comité Galego de Árbitros activa neste mes de marzo a oitava convocatoria dos seus Cursos “On line” de iniciación 2016 – 2017. O departamento formativo do CGAB levará a cabo este novo curso entre os días 14 e 22 de marzo, proporcionando a todos os interesados unha dinámica axil e directa de instruirse nos coñecementos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa. 

A través do “Campus On Line FGB”, plataforma que xa rexistrou no que vai temporada un total de 163 aspirantes a colexiados, os novos alumnos poderán coñecer ao detalle conceptos base como: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta convocatoria permanece aberto e estenderase ata o vindeiro 12 de marzo. Os pasos a seguir para completar dito proceso son:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Enviar de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Realizar a inscrición na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa – marzo´ 17″.

Indicar que este VIII Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais realizarase unicamente se o número de alumnos inscritos supera a cifra de 15.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram