VIII Certame de deseño “O Nadal e o Baloncesto”: recoñecemento ao vencedor

Alex Casás Martín, xogador de C.B. Nigán e e vencedor do VIII Certame de deseño “O Nadal e o Baloncesto”, recibiu este luns o seu merecido galardón como tal, e fíxoo de mans do Representante FGB das Relacións cos Clubs en Vigo, José Luis Pérez.

O xogador de Nigrán recibiu ilusionado un pack de agasallos moi especiais que recoñecen a súa proposta de postal como a vencedora entre todas as recibidas na edición 2016 do certame, realizado grazas a indispensable colaboración e cortesía de CAIXABANK, CENOR ELECTRODOMÉSTICOS e CALDOS ANETO.

Dende aquí agardecer o esforzo de Alex, e de todos os participantes neste VIII Certame, os cales rematarán de recibir durante estos días o detalle que a FGB lles fai en virtude dos seus traballos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram