VIII Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

A FGB, en colaboración con CAIXABANK; abre o VIII Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal”, concurso que celebra a súa oitava edición consecutiva co obxectivo de elixir a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.

Este VIII Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal” permanecerá aberto dende hoxe mesmo, e ata o vindeiro 20 de decembro; convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que así o desexen.

As bases e principais requisitos do Concurso poden consultarse xa no documento que achegamos, definindo ademáis no mesmo o carácter dos premios que recibirán o vencedor e o segundo clasificado, así como o número de postais participantes que serán merecedoras dun agasallo en gratitude pola súa participación.

 

VIII Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal 2017”: bases oficiais

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram