Chega a VIII edición do tradicional Campus de Verán “Chiquibasket”, comandado polo galego Chiqui Barros, actual técnico do Coelbi Bembibre PDM (Liga Feminina).
Con sede no ferrolán Pavillón de Esteiro, celebrarase entre o 17 e 22 de xuño esta VIII edición, dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 18 anos que desexen aprender os fundamentos do xogo ou mellorar as súas habilidades. Abordando, baixo este propósito, múltiples aspectos do traballo cos xogadores máis novos e afondando, de xeito personalizado, na técnica individual.
Adestradores titulados con contrastada experiencia, acompañados de monitores de tempo libre e de primeiros auxilios, serán os encargados de conformar esta dinámica de traballo na que, por suposto, tampouco faltarán os intres para a diversión
Información e Inscrición
Todos os interesados en participar neste VIII Campus “ChiquiBasquet” teñen ata este sábado, 15 de xuño, para tramitar a súa inscrición, materializando este proceso a través do envío da documentación precisa, que aquí se achega, a chiquibasquet@gmail.com
Así mesmo, poden consultar a información completa (prezo da actividade, horario, etc) en http://chiquibasquet.wordpress.com/